Tecendo Benestar Dixital dende Baio

IES Maximino Romero de Lema | Actividades do Centro (Liñas 1 e 2)

Liña 1: Formación e Sensibilización a través de Axentes Externos

Formación directa do alumnado e das familias en prevención de riscos dixitais, seguridade, benestar emocional e xornalismo crítico, impartida por entidades especializadas.

AMTEGA - Consellería de Educación

Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais

Charla dirixida ao alumnado de ESO e ás familias sobre pegada dixital activa e pasiva, construción da identidade dixital, configuración de privacidade en dispositivos e análise de situacións reais de risco.

Plan Director da Garda Civil

Charlas de Ciberseguridade e Convivencia

O alumnado de ESO e Ciclos Formativos de FP Básica e Media recibiu os obradoiros "Internet: un mundo de posibilidades, un mundo de riscos" e "As novas tecnoloxías na sociedade actual", centrados na prevención do ciberacoso, o grooming e outros riscos en redes.

ElSuno

Guía de usuario para o teu cerebro (e as túas redes)

Formación para Bacharelato impartida por profesionais do acompañamento emocional sobre o impacto das redes sociais na autoestima, a comparación social e a regulaxe emocional.

Divulgación Científica

Desinformación: un problema para abordar a crise climática

Sesión impartida polo xornalista científico Xavier Fonseca para reflexionar sobre a manipulación informativa, o impacto das fake news e o desenvolvemento do pensamento crítico.

Xornalismo

Charla sobre Xornalismo e Fake News

Actividade impartida por César Rodríguez sobre o funcionamento dos medios de comunicación, a verificación da información e as claves para identificar noticias falsas nas redes sociais.

Educación Financeira - Abanca

Medios de pagamento na rede e seguridade en transaccións dixitais

Impartida por Diego Sánchez Juan (Abanca) para 1º de Bacharelato de Economía, abordando a normativa europea PSD2, a dobre autenticación e a prevención do fraude nas compras en liña.

Consellería de Educación

Programa "Navega con Rumbo"

Charla de prevención para 1º de ESO e 1º de FP Básica centrada na protección de datos persoais, prevención do ciberacoso e adquisición de hábitos dixitais saudables.

DigiTalent - AMTEGA / Altia

Programa GenTech

Sesión impartida por Diego Perdomo (Altia) para 1º de Ciclo Medio, 4º de ESO (Economía) e 2º de FPB sobre xestión do tempo, uso consciente da IA e transición de consumidores pasivos a creadores dixitais responsables.

Formación a Familias e Outros Centros

Uso responsable da tecnoloxía no ámbito familiar e escolar

Charla impartida por Fina Paulos e Óscar Rey ás familias do CEIP de Brens sobre o uso das pantallas na infancia, aplicacións educativas e intelixencia artificial.

Ver publicación en CEIP de Brens

Liña 2: Participación Institucional en Programas, Concursos e Proxectos

Proxectos educativos e iniciativas institucionais para certificar e poñer en práctica a competencia dixital, o debate e a prevención práctica en ciberseguridade.

Acreditación Oficial

Acreditación da Competencia Dixital

Probas oficiais realizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato para validar de xeito formal a súa capacidade de uso eficaz, seguro e autónomo das ferramentas dixitais.

CITIC-UDC / ASPACE / Mencer

Programa Talentos Inclusivos

Desenvolvemento de solucións tecnolóxicas reais (como o proxecto DesexarIA) para mellorar a autonomía e calidade de vida de persoas con discapacidade ou parálise cerebral, traballando a empatía dixital e o propósito social da tecnoloxía.

Debate Escolar

I Liga de Debate de Galicia

Participación do alumnado de 3º e 4º da ESO nun debate competitivo sobre a limitación do uso das redes sociais na mocidade, exercitando a argumentación e a reflexión crítica.

Consumo Audiovisual Crítico

Xurado no Festival Nanook DocuKids 2026

O alumnado de 3º e 4º da ESO participou como xurado no festival online de cine documental, analizando e avaliando pezas audiovisuais sobre realidades sociais e a diversidade.

Ciberseguridade Práctica

VII Ciberliga Pre-Amateur

Desafíos e retos prácticos de simulación de ciberestafas e falsos cástings en redes para a materia de Educación Dixital de 4º da ESO, aprendendo a detectar enxeñaría social e evitar fraudes.

Innovación e Orientación

Visita á Feira de Innovación FPInnova

Xornada en Santiago de Compostela para 1º de Ciclo Medio, 1º de FP Básica e 4º da ESO (IA) coñecendo solucións avanzadas en IA, robótica, realidade virtual e ciberseguridade aplicadas á sociedade.

INCIBE / Cátedra USC-INCIBE

Concurso "Qué es para ti el 017?"

Participación continuada do centro mediante a creación de pezas audiovisuais de formato curto (ata 90 segundos) para dar a coñecer o servizo Tu Ayuda en Ciberseguridad (017) e concienciar sobre os perigos na rede.

Sensibilización e Igualdade

Traballos Audiovisuais do 25N

Pezas audiovisuais orixinais elaboradas polo alumnado sobre a prevención da violencia machista e as súas manifestacións dixitais (control a través do móbil, difusión non consentida de imaxes e acoso en redes).

Enlaces ás pezas audiovisuais:

Ver Vídeo 1 (YouTube)
Ver Vídeo 2 (YouTube)
Ver Vídeo 3 (YouTube)